martes, 15 de mayo de 2012

“1er Campeonato de San Sadurniño” (Resultados)

Mellorables resultados, pero moi boa actuación do “Club Kickboxing Lalín” este fin de semana no “1er Campionato de San Sadurniño”, que se celebrou o pasado domingo en exclusiva na modalidade de Light-Contact.
Matías Dabobe estréase como competidor e inaugura o torneo cun combate na categoría de -65 Kg. Matías brilla cuns espectaculares contraataques de perna arriba pero a falta de rodaxe do dezán faise notar no resultado final, claudicando contra Marcos Castro do “Odisea Sport”.
En +90Kg, o actual “Campeón Gallego” na modalidade de “Semi-Contact”, José Martín García do “Club Kickboxing Lalín”, logra coarse en semifinais e enfróntase co actual “Campeón Gallego” da modalidade de “Full-Contact”, Gumersindo Rodríguez do “Odisea Sport”. O combate desenvólvese un tanto descafeinado, moi igualado, non á altura dos dous campións, quizais por non adaptarse ningún dos dous ao 100% á modalidade de “Light-Contact”. A vitoria ao final é para o de Pontevedra cidade, pero pola mínima.
Santiago Uzal (-75 Kg) logra escalar á final tras unha vitoria moi axustada en semifinais contra Rafael Buján do “Kickboxing Juancho”. Na final, de novo un dezán contra un da cidade do Lerez , Yago Loveres do “Odisea Sport”, clube que presentou un total de 15 competidores. Nesta ocasión a vitoria é para o do “Club Kickboxing Lalín” cun combate ben traballado, intenso en ocasións, no que Uzal logra unha maior puntación sobre todo coas técnicas de puño.
Polo tanto, Santiago Uzal logra combertirse en campeón da categoría de –75 Kg no “1er Campeonato de San Sadurniño”; José Martín logra un terceiro posto na categoría de +90 Kg, e Matia Dabobe fai un gran papel no seu debut, que fai augurar moi bos resultado en futuras competicións.

lunes, 14 de mayo de 2012

CAMPIONATO GALEGO DE KICKBOXING 2012 -KICKBOXING ORIENTAL- (Low-Kick Control e Mock Combat)

ESPECIALIDADE: Kickboxing Oriental
PROBAS: Low-Kick Control e Mock Combat(Combate simulado).
CATEGORÍA: Infantil e Sénior (Masculino e feminino)
DÍA: Sábado 19 de Maio de 2012
LUGAR: Polideportivo Municipal de Viana do Bolo, Ourense
PROGRAMACIÓN (Sábado, 19 de maio):
12:00 a 12:30h Recepción de Entidades deportivas
12:30 a 13:15h Pesada oficial.
13:15 a 16:00h Comida
16:00 a 16:15h Reunión de árbitros, xuíces, persoal federativo e de organización.
16:15 a 16:30h Inauguración e desfile por equipos.
16:30 a 19:00h Comezo da competición en todas as súas probas, categorías e pesos.
19:00 a 19:30h Entrega de trofeos e medallas aos participantes.
Cartel Viana do Bolo2012

lunes, 7 de mayo de 2012

“1er Campeonato de San Sadurniño”

Este fin de semana o Club Kickboxing Lalín viaxará a terras coruñesas para participar no “1er Campeonato de San Sadurniño” que se celebrará o Domingo pola tarde a partir das 16:30 horas en exclusiva na modalidade de Light-Contact.
Tres serán os deportistas que representarán ao club dezano do Ferro`s Ximnasio: José Martín García González (en +85 Kg), Santiago Uzál Sánchez (en - 75 Kg) e Matías Dabobe Da Luz (en -65 Kg).
No caso de Matías Dabobe, sería a primeira vez que compite, mentres que tanto José Martín como Santiago veñen de realizar recentemente un gran papel no Campeonato Galego na modalidade de Semi-Contact.
SAN SADURNIÑO KICK BOXING CARTELES

martes, 24 de abril de 2012

Torneo K1 World Max- 27/05/2012 Madrid

K-1 virá a España para que se disputen os deciseisavos de final do Torneo K1 World Max.(Haberán 16 loitadores seleccionados na categoria -70 Kg e dos cales disputarán en Madrid o pase á Final a 8  e poder optar ao premio de 500.000 Euros) o vindeiro domingo 27 de maio no palacio de Vistalegre en Madrid.
De momento estes son 12 dos 16 homes que loitarán por meterse na Final a 8 do K1 Max 2012.
Andy Souwer (Holland)k1madridd
Mike Zambidis (Greece)
Drago (Armenia)
Artur Kyshenko (Ukraine)
Yasuhiro Kido (Japan)
Yuji Nashiro (Japan)
O seu Hwan Le (Korea)
Abraham Roqueni (Spain)
Chahid (Morocco)
Longern Superpro Samui (Thai)
Harut Grigorian (Belgium)
Chris Ngimbi (Congo)
Ademas destes 8 combates clasificatorios, fálase dunha serie de superfights  de peso pesado, e hai rumores de que dous desas superfights puidesen ser:
Daniel Ghita Vs Paul Slowinski.
Remy Bonjasky vs Rico Verhoeven.
As portas abriranse ás 17:30 h, os combates preeliminares comezarán ás  18:15 h  e a cerimonia de apertura será ás  20:00h.
A partir do 16 de abril sairán á venda as entradas.
Prezos:
Reservado Group - 1,900 €
Reservado Single – 150 €
Vip - 250€
Preferente – 150 €
Cadeira de Ring – 70 €
Bancada Xeral – 40 €
Telefono  Para reserva  de Mesas +34-628.89.19.29
Para entradas Vip, Preferente, Cadeira de Ring, Bancada Xeral en http://www.entradas.com

lunes, 16 de abril de 2012

Resultados “Campeonato Gallego de Kickboxing 2012” (Club Kickboxing Lalín).


Excelente a actuación dos deportistas dezanos do Club Kickboxing Lalín no “Campeonato Gallego Oficial” celebrado o pasado sábado en Pontevedra.
474201_381338201889521_100000400327332_1159971_1819977188_o
A casualidade fai que José Manuel Couto Barros enfróntese en cuartos de final tanto na modalidade de Semi-Contact como na de Light-Contact ao mesmo deportista, Marcos Alvarellos da “Escola Ayude” de Melide, deportista moi rodado e con varias participacións xa nos campionatos de España. Couto perde pola mínima nas dúas modalidades, póndollo difícil nos dous combates, pero sobre todo na modalidade de Semi-Contact na que perde pola mínima.
401680_381299191893422_100000400327332_1159849_2002921522_n
Jorge García González perde en Light-Contact en oitavos de final con Marcos Guerreiro do “Artes Marciais Bushido”, pero logra o Subcampeonato na modalidade de Semi-Contact nunha final disputada co seu compañeiro de equipo Manuel Tato Espiño.
Manuel Tato, por tanto proclámase “Campeón Gallego” na modalidade de Semi-Contact. Na modalidade de Light-Contact, na que a priori partía de favorito ao ser o gañador da edición anterior, non logra pasar dos cuartos de final ao claudicar tamén contra Marcos Guerreiro do “Artes Marciais Bushido”, sobre o que o de Vila de Cruces non logrou aplicar todo o seu potencial ofensivo nun duro combate. Con mellor sabor de boca queda na modalidade de Forms, na que Tato proclámase Subcampión Gallego nunha final disputada contra o deportista Miguel A. Vila, pontevedrés do “Odisea Sport”.
582697_381299018560106_100000400327332_1159847_2016855626_n
Santiago Uzal Sánchez enfróntase contra o tamén deportista das filas do “Odisea Sport” Óscar García, protagonizando un dos máis emocionantes e axustados combates da tarde, no que houbo que recorrer ao tempo extra e a posteriori á morte súbita para desfacer o desempate e os continuos cambios de líder. O pase a semifinais é logrado polo da cidade do Lérez.
IMG_5634
José Martín García González protagoniza a sorpresa da xornada ao conseguir o “Campionato Gallego” na modalidade de Semi-Contact nunha final disputada contra José A. Díaz do “Asgard” cun combate ben estudado e con técnicas precisas, impóndose con claridade ao seu rival.
En resumo, o Club Kickboxing Lalín logra un total de dous “Campeonatos Gallegos” e dous “Subcampeonatos” e demostra un bo potencial de competición, en especial na espectacular modalidade do kickboxing amater de Semi-Contact, na que os deportistas dezanos Manuel Tato Espiño e José Martín García González saen con moitas posibilidades de integrarse na selección galega e participar no próximo campeonato oficial de España da “Federación Española de Kickboxing (FEK)”.
IMG-20120415-WA0000

lunes, 9 de abril de 2012

CAMPEONATO GALLEGO OFICIAL DE KICKBOXING 2012 (Kickboxing Americano)

CTO. GALLEGO 2012 CON TRESPAR SIN F. (1)O Club Kickboxing Lalín participará no “Campionato Galego Oficial de Kickboxing” que se disputará o vindeiro sábado 14/04/2012 en Pontevedra, e que é clasificatorio para o “Campionato de España” da Federación Española de Kickboxing (CSD).
A representación dezada correrá a cargo de:
· Jorge García González (Lalín), que competirá na categoría de -75 Kg nas modalidades de Semi-Contact e Light-Contact.
· José Manuel Couto Barros (Lalín), que competirá na categoría de -80 Kg nas modalidades de Semi-Contact e Light-Contact.
· José Martín García González (Lalín), que competirá na categoría de +85 Kg na modalidade de Semi-Contact.
· Manuel Tato Espiño (Vila de Cruces), que competirá na categoría de -75 Kg nas modalidades de Semi-Contact e Light-Contact, e na categoría de +17 anos na modalidade de Forms.
· Santiago Uzal Sánchez (Silleda), que competirá na categoría de -80 Kg na Modalidade de Semi-Contact.
A pesar de ser a primeira vez para a maioría dos deportistas dezanos que participan nun campionato galego, espérase igualar, ou mesmo mellorar os resultados da última edición celebrada o ano pasado en Vila de Cruces, na que o Club Kickboxing Lalín conseguiu un total de cinco medallas e na que Manuel Tato proclamouse “Campión Galego” do ano 2011 na modalidade de Light-Contact.

domingo, 19 de febrero de 2012

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...